InicioCentralMondoñedoA IV Edición de Mindomúsica celebrarase en Mondoñedo en xullo co apoio...

A IV Edición de Mindomúsica celebrarase en Mondoñedo en xullo co apoio da Xunta

O festival arranca o día 3 de xullo e ata o 10 celebrará propostas que se poderán ver na Catedral de Mondoñedo, o Auditorio Municipal Pascual Veiga, a Casa dos Coengos, a Residencia e Centro de Día San Rafael, o Centro Asistencial San Paulo e San Lázaro e diferentes parroquias do concello de Mondoñedo.

Publicada o

- Advertisement -

O Festival Mindomúsica arranca o vindeiro 3 de xullo en Mondoñedo a súa IV edición coa incorporación doutras artes, con espectáculos nos que a música dialogará con outras disciplinas como a danza, a performance ou a videocreación. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuníronse coa directora deste certame, Rebeca Maseda, que conta co apoio da Xunta para ultimar os detalles.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades referiuse á capacidade deste festival para “estender propostas culturais de calidade no rural”, no marco do traballo da Xunta por apoiar iniciativas que permitan dar acceso a este tipo de actividades en todo o territorio galego.

Agradeceu aos impulsores por poñer en marcha unha iniciativa como esta que cumpre catro anos “mellorando e completándose en cada edición para achegar unha oferta con máis contidos e que demostra o talento dos creadores galegos”, indicou.

O festival arranca o día 3 de xullo e ata o 10 celebrará propostas que se poderán ver na Catedral de Mondoñedo, o Auditorio Municipal Pascual Veiga, a Casa dos Coengos, a Residencia e Centro de Día San Rafael, o Centro Asistencial San Paulo e San Lázaro e diferentes parroquias do concello de Mondoñedo. O certame inclúe iniciativas como o Parroquias Tour, con pequenos concertos e encontros coa veciñanza, así como propos

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...