Acordo do PSdeG e do BNG para gobernar xuntos no Valadouro

O BNG entrará a formpar parte do goberno municipal. Así, Eduardo Chao González será 1º Tenente alcalde e concelleiro de Cultura, Normalización Lingüística e Medio Rural e Eliseo Teijeiro Orol, concelleiro de Obras e Deportes e 3º Tenente alcalde

O alcalde socialista do Valadouro, Edmundo Maseda, e mais quen  agora pasará a desempeñar o cargo de 1º Tenente Alcalde, o nacionalista Eduardo Chao / remitida

Os grupos municipais do PSdeG-PSOE e o BNG no concello de O Valadouro veñen de asinar un acordo de goberno para o período 2021-2023, ata o remate do presente mandato. “Un acordo necesario para levar a cabo actuacións que dean resposta áxil e eficaz ás diferentes problemáticas da veciñanza  e aos novos retos do  concello de O Valadouro sobre todo nun momento complexo e condicionado pola pandemia do Covid19“, sinalaron este xoves o alcalde socialista Edmundo Maseda e mais quen  agora pasará a desempeñar o cargo de 1º Tenente Alcalde, o nacionalista Eduardo Chao.

O acordo básase principalmente en aspectos organizativos xa que as liñas programáticas de socialistas e nacionalistas para o concello neste mandato “son semellantes e en moitos casos complementarias”. No novo organigrama  que contempla a participación do BNG no goberno municipal os edís nacionalistas formarán parte da Xunta de Goberno Local. Ademais, Eduardo Chao González será 1º Tenente alcalde e concelleiro de Cultura, Normalización Lingüística e Medio Rural e Eliseo Teijeiro Orol, concelleiro de Obras e Deportes e 3º Tenente alcalde. O resto de concellarías correspóndenlle ao PSdeG-Psoe.

A corporación do Valadouro está formada por 4 edís do PSdeG-PSOE (lista mais votada), 4 do PP, 2 do BNG e 1 de Udival  e ata agora gobernaba o PSdeG-Psoe en mínoría.

“Este acordo de goberno terá como base  o consenso e o diálogo entre as nosas formacións políticas para dar resposta ás demandas da veciñanza, pois o noso compromiso principal  é coas veciñas e veciños do Valadouro”manifestaron Edmundo Maseda e Eduardo Chao.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here