InicioCentralO ValadouroA fibra óptica chegará ás dez parroquias do Valadouro

A fibra óptica chegará ás dez parroquias do Valadouro

Cerca de 800 vivendas do Concello xa contan coa fibra óptica máis rápida do mercado.

Publicada o

- Advertisement -

As 10 parroquias que conforman o concello do Valadouro poderán gozar de Internet de 1.000 MB. Así o fai saber a operadora Adamo, quen proporciona o servizo de fibra óptica en 50.000 fograres da provincia de Lugo. Ata o de agora, no Valadouro a fibra óptica xa está dispoñible en cerca de 800 vivendas. 

A compañía extenderá proximamente a súa rede polas 10 parroquias de O Valdouro: Alaje, Budián, Cuadramón, Ferreira, Frejulfe, Moucide, Recaré, Santo Tomé de Recaré, Valle de Oro e Villacampa, que suman un total de case 1000 veciños. Dende Adamo insisten que a infraestrutura se instalá tamén nos núcleos de poboación máis pequenos do concello.

O alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, apoiou esta instalación na presentación do servizo que proporciona a compañía, na que participaron o rexedor de Adamo e representantes das diferentes parroquias.

Coa chegada da fibra óptica a Valadouro, aumenta a oferta do servizo en Lugo. En especial, fai fincapé na zona da Mariña, en concellos como a Fonsagrada, Alfoz, Begonte, Cervo, Xove, Barreiros, Lourenzá ou Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...