Actuación do Mago Teto no Valadouro para este sábado

Será a través da Rede de bibliotecas públicas municipais e do programa lúdico-cultural LER CONTA MOITO.


O vindeiro sábado, 23 de outubro continuamos coa programación cultural outonal no concello do Valadouro.

Nesta ocasión, a través da Rede de bibliotecas públicas municipais e do programa lúdico-cultural LER CONTA MOITO en colaboración coa concellería de cultura do concello do Valadouro, organiza unha nova actividade.

Tócalle o turno ó Mago Teto que nos traerá o espectáculo familiar “A maxia dos contos” con entrada de balde o sábado, 23 de outubro ás 19:00h. no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here