InicioCulturaTres alumnas do IES Alfoz-O Valadouro triunfan no Festival Audiovisual da Mariña,...

Tres alumnas do IES Alfoz-O Valadouro triunfan no Festival Audiovisual da Mariña, Imaxiña 2021

En 2020, o premio recaeu no IES Monte Castelo, con ‘Lúa apocalíptica’ de Carolina Cordido, alumna de Bacharelato de Artes.

Publicada o

- Advertisement -

O IES Alfoz-O Valadouro alzouse como o gran triunfador do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2021 coas propostas fotográficas de tres alumnas. Na undécima edición do concurso que organiza a Fundación Imdecum, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a gañadora foi Tania Verdes, de 3º da ESO; resultaron destacadas ademais as imaxes presentadas por Carla Fernández, tamén de 3º, e Celia Fernández, de 1º.

A fotografía gañadora, de Tania Verdes, está protagonizada polo salto dunha figura humana cun horizonte de nubes e o solpor ao fondo. A maxia e o xogo de cores do luscofusco tamén emerxe na instantánea finalista de Carla Fernández. Celia Fernández obtivo o recoñecemento como finalista nesta edición por unha imaxe da Finca Galea.

Tras o obradoiro impartido polas fotógrafas Andrea Rodríguez e Fátima Ríos na Asociación Saúde Mental da Mariña na primavera pasada, o Festival Audiovisual da Mariña despediu 2021 coa visita dun colaborador asiduo de Imdecum ao alumnado do IES Monte Castelo de Burela, o artista multidisplinario viveirense David Catá, que encabezou o xurado desta última edición xunto ao presidente de Imdecum, Marcelino Luna.

O Imaxiña continuará percorrido en 2022 este venres facendo parada no IES Alfoz-O Valadouro. En 2020, o premio recaeu no IES Monte Castelo, con ‘Lúa apocalíptica’ de Carolina Cordido, alumna de Bacharelato de Artes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...