O Valadouro celebrará do 25 ao 26 de marzo o XVI Mercado da Primavera logo do parón pola COVID

As vésperas do Mercado de Primavera estarán marcadas pola inauguración de artistas locales que estará na sala de exposición do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro ata finais de Abril. Acto seguido, a asociación cultural musical Dambara porá a nota musical polas rúas de Ferreira para abrir o ambiente festivo.


O Concello do Valadouro presentou este pasado venres 19 de marzo o XVI Mercado de Primavera no Valadouro. O acto foi conducido polos edís nacionalistas do concello do Valadouro, Eduardo Chao (área de cultura) e Eliseo Teijeiro (área de deportes), que cualificaron o presentaron “o ambicioso programa do Mercado de Primavera de 2022″.

Despois de dous anos de parón por mor da pandemia COVID-19, o concello do Valadouro a través da Concellería de Cultura volve a organizar o tradicional Mercado de Primavera que nesta ocasión contará con máis de 60 postos entre os que se contará con numerosas demostracións de oficios tradicionais, pero tamén se contará con varios postos de alimentación e artesanía.

O acto principal da xornada consiste na recuperación dun mercado tradicional como os que deron a orixe a principios do século pasado á vila de Ferreira, pero tamén se contará con varios actos e complementos para dar variedade á xornada.

Deste xeito, as vésperas do Mercado de Primavera estarán marcadas pola inauguración de artistas locales que estará na sala de exposición do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro ata finais de Abril. Acto seguido, a asociación cultural musical Dambara porá a nota musical polas rúas de Ferreira para abrir o ambiente festivo.

Xa pola noitiña e preto das 21:00h., a asociación cultural local Amado Lar presentará ó pregoeiro, deste ano, que recae nas mans de Prudencio Vivero Mogo (escritor e historiador local) para dar paso a unhas pezas musicais e alguna delas bailadas con zocas.

Xa o día do Mercado, numerosos postos serán os encargados de animar a rúa desde ben cediño e ata ben entrada a tardiña. Podemos atopar postos con produtos da horta, alimentación, artesanía e ata “pulpeiro”

A animación musical inicial correrá a cargo da Asociación Cultural Amado Lar cun pasacalle desde o local social e ata a Praza de Santa María, onde nos deleitarán cunha pequena mostra do traballo realizado por este colectivo cultural.

De seguido, a Asociación Cultural Musical Dambara marcará as notas musicais polas rúas e locais comerciais da vila de Ferreira ata a sesión vermú que correrá a cargo do grupo Alcaldes da Pachanga no escenario da Praza.

A animación infantil virá da man da contacontos Alba Grande que nos traerá o espectáculo “contos arredor do lume”, pero tamén poderán dar paseo en cabalo, disfrutar dos xogos populares e tradicionais de Paporrubio e Xotramu ou mesmo da ludoenxenbre.

Ó serán, os postos do mercado tócalles recollerse para dar paso á animación de rúa con Festicultores Troupe e a charanga NBA para tamén poder disfrutar en todos os locais das tradicionais tapas de mercado que xa é todo un clásico nesta cita festiva.

Para por o broche de ouro á noite, na praza, contaremos co concerto dun grupo clásico folk como é Brath, un grupo de recente creación Tribu folk e un grupo un veciño do val que últimamente está colleitando grandes éxitos como é Grande Amore.

A maiores o mercado terá una serie de concursos, como son a decoración de escaparates e locales comerciais, desfile de zocas decoradas, desfile de zocos e desfile de vestimenta tradicional.

Outra das actividades, será a exposición de tractores clásicos e un concurso de habilidades de conducir tractor. Desde a Concellería de Cultura, pídese responsablidade a cada un dos veciños que se acheguen ata o val e lémbrase que estamos saindo dunha época de pademia pero que se disfrute ao memso tempo da festa e convídase a que nos visiten veciños e visitantes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here