Bravos recibirá a Sabela o vindeiro venres

A cantante mariñá reunirase cos seus paisanos tras actuar cos compañeiros de OT no Sant Jordi

Sabela, en OT. AXM

A cantante de orixe ourolesa Sabela Ramil, finalista en Operación Triunfo (OT) 2018, será recibida en Bravos o vindeiro venres.

O Concello de Ourol organizará o recibimento, que se celebrará no local social de Bravos, ás 20.30 horas.

Sabela, comprometida co tecido asociativo mariñao, foi directiva e mesmo presidenta da asociación Aturuxeiros de Bravos ao longo dos últimos anos.

A cantante con raíces na Mariña chegará a Ourol despois de cantar con Rosa Cedrón ‘Negro Caravel‘ na Gala de Nadal de OT.

XIRA ESPAÑOLA

A única concursante galega no popular programa de televisión tamén participou cos seus compañeiros nas actuacións do Palau Sant Jordi de Barcelona. En febreiro comeza a xira española do programa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here