Os magos da Mariña actuarán este venres para os pacientes do hospital

En Viveiro, o ViverTren acompañará á cabalgata, con paseo de balde até completar aforo

Actuación nunha edición anterior da iniciativa. FACEBOOK AMAM

A Asociación de Magos Afeccionados da Mariña (Amam) estará na tarde deste venres no Hospital Público da Mariña.

Tres magos da agrupación ofrecerán un espectáculo de maxia para as persoas que están ingresadas no centro hospitalario e non poden desfrutar do Nadal na casa e na compaña dos seus seres queridos.

As funcións dos magos que representarán a Amam no hospital comezarán ás 17.00 horas.

Achegar a todas as persoas a maxia, estean onde estean, e teñan os impedimentos que teñan, é un dos fundamentos da asociación.

VIVERTREN

En Viveiro, o ViverTren acompañará a comitiva dos Reis Magos na Cabalgata, o día 5.

O uso do tren será libre até completar aforo, e os pequenos que queiran participar deben estar ás 17.30 horas ao lado da piscina municipal.

Os pícaros deben estar acompañados por un adulto. O goberno local suxire que cativos e adultos leven algún motivo de Nadal para dar cor á Cabalgata.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here