‘Grandes Voces do Noso Mundo’, unha ponte que conecta a música lusófona

O xovense Marco Pereira dirixe o programa, que se emite en Radio Burela e ten seguidores do Brasil ou de Cabo Verde

Pereira, xunto a Silvera de Oliveira, colaboradora do programa. AXM

Fillo de pais portugueses, Marco Pereira (Xove, 1993) é quen ideou o programa de Radio BurelaGrandes Voces do Noso Mundo‘, unha xanela aberta desde hai tres anos aos ritmos tanto galegos como da lusofonía.

Elixido como estudante galeguista do ano que vén de rematar, Pereira busca con esta iniciativa tender unha ponte musical entre os países lusófonos. O nome do programa fai referencia ao noso mundo, o da nosa lingua e das nosas músicas.

“Tocamos unha comunidade musical ampla, hai oíntes do Brasil que sempre están promovendo o programa mediante as redes sociais e tamén chegamos moito a Cabo Verde”, expón.

Podes ler a súa entrevista no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here