Unha curta do burelés Adrián Canoura, entre o mellor do 2018 para a crítica Nicole Brenez

'Caerán lóstregos do ceo' recibe a aprobación dunha das teóricas máis recoñecidas do cinema

Adrián Canoura. AXM

O cineasta mariñao Adrián Canoura (Burela, 1991) vén de recibir unha excelente nova para comezar 2019, despois de que a crítica francesa Nicole Brenez elixise a súa curta ‘Caerán lóstregos do ceo‘ como unha das mellores películas do pasado ano.

Profesora na Universidade parisina da Sorbona, Nicole Brenez é unha das teóricas máis influíntes do cinema actual, especializada nos filmes de vangarda.

CINTA PREMIADA

A recomendación de Brenez supón un impulso para Canoura, que xa recibiu dous premios no festival Filmadrid –o de mellor película de vangarda e o que concede a asociación de críticos- pola curtametraxe, gravada en Viveiro, Xove ou Alfoz, entre outras localizacións.

O realizador burelés presentou tamén súa peza no prestixioso ‘Curtocurcuíto‘ compostelán.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here