A Semana Santa de Burela lucirá en Lugo cunha exposición

A mostra, con material e fotografías, ficará na sede da Deputación do 11 ao 27 de xaneiro

Procesión da Semana Santa Burelesa. YOUTUBE/MIGUEL CISNEROS

A Semana Santa de Burela lucirá en Lugo do 11 ao 27 de xaneiro cunha exposición que se poderá ver no Pazo de San Marcos, sede da Deputación Provincial.

A mostra, titulada ‘Hai un lugar para ti‘, inaugurarase ás 17.00 horas do vindeiro venres. Organiza a exposición a asociación cultural Semana Santa de Burela, en colaboración co Concello.

A exhibición constará de material e fotografías. O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, cre que se trata “dunha mostra moi traballada que será un bo escaparate para ver o que se fai en Burela, atraer xente e dar categoría ás procesións da Semana Santa” burelesa.

A INAUGURACIÓN, O VENRES

O rexedor destaca que a mostra estará aberta no sala de exposicións de San Marcos, “un lugar extraordinario, espectacular”, e convida a que “as persoas que dalgún xeito queren estar alí presentes nesa inauguración que se aproximen se poden ata Lugo”.

Participarán na inauguración o presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, e a deputada de cultura, Pilar García Porto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here