As xornadas de Historia local de Lourenzá inclúen charlas, un documental e unha mostra de fotos

Os días 15 e 16 de febreiro, o Concello proxectará a película 'Os días afogados' e habilitará unha exposición con imaxes antigas do municipio

López e Arango, cos carteis do evento. AXM

A Concello de Lourenzá impulsará os días 15 e 16 de febreiro a terceira edición das xornadas de Historia local do municipio.

A alcaldesa, a socialista Rocío López, e o concelleiro de cultura, Manuel Arango, presentaron o programa da cita, que inclúe conferencias, un documental e unha exposición de fotografías. O goberno local conta coa colaboración da Deputación de Lugo

As xornadas comezarán o venres 15, coa proxección do documental ‘Os días afogados‘, Premio Mestre Mateo 2016.

a lenda do conde santo ou o municipio no catastro da ensenada serán os temas dos relatorios

A película comezará ás 19.00 horas e ao seu remate haberá unha conferencia. O doutor en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela (USCCarlos Andrés González Paz pronunciará o relatorio titulado ‘Historia, mito e lenda do Conde Santo Osorio Gutiérrez‘.

ACTUACIÓN MUSICAL

Xa o sábado, o mestre xubilado laurentino Manuel Román Ramos falará sobre ‘O Catastro da Ensenada no concello de Lourenzá‘. A charla comezará ás 19.30 horas e pechará as xornadas unha actuación musical, aínda sen concretar. 

Ademais, durante a fin de semana do 15 e o 16 de febreiro ubicarase na sala de exposicións do consistorio unha mostra de fotografías antigas de Lourenzá.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here