InicioCulturaO Concello de Burela distribuirá mil libros entre os centros de ensino

O Concello de Burela distribuirá mil libros entre os centros de ensino

Repartiranse exemplares de 'En Burela amamos a auga', sobre o consumo responsable deste recurso, e do conto 'Os Bolechas van en barco por Burela'

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela repartirá entre os centros educativos 1.000 exemplares dos libros ‘En Burela amamos a auga‘ e ‘Os Bolechas van en barco por Burela‘.

Os centros de Primaria e Secundaria recibirán a vindeira semana exemplares da primeira publicación, cofinanciada polo Concello e centrado no consumo responsable da auga.

A obra, escrita por Llerena Perozo Porteiro e ilustrada por Fran Muñiz, recolle información sobre a orixe, xestión e tratamento da auga a nivel municipal e consellos para un uso racional e sostible deste recurso.

A publicación, editada no marco das actividades do concello polo Día Mundial da Auga, foi distrubuída tamén en comercios e bibliotecas do municipio.

INTEGRACIÓN E SOLIDARIDADE

No caso de ‘Os Bolechas van en barco por Burela‘, o Concello centrará o reparto nas escolas infantís e nos colexios de Primaria. O conto sitúa a familia máis popular da literatura infantil en galego en Burela, como escenario dunha historia de integración e solidariedade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...