InicioCulturaAs radios locais xúntanse para reivindicar a comarca

As radios locais xúntanse para reivindicar a comarca

As emisoras de Burela, Valadouro e Foz adicarán en 'Mariña Marabillosa' un programa a cada concello

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Marabillosa‘. Así se chama a campaña de promoción da bisbarra que impulsan tres emisoras municipais da comarca; Radio Burela, Radio Foz e Radio Valadouro. Matías Nicieza, Pepe Peinó, Anxo Rivas e Juan Novás presentaron o proxecto xunto con Alfredo Llano, presidente da Mancomunidade de Municipios mariñá.

As radios prepararán programas especiais para presentar as marabillas da comarca. O primeiro deles será o 7 de xuño, e o espazo estará adicado a Xove. Emitirase de 20.30 a 22.00 horas en directo para Radio Burela (107.7) e Radio Valadouro (107.9). Poderase escoitar tamén en diferido o día 9, de 12.30 a 14.00 horas, por Radio Foz (107.4). O derradeiro será o 20 de setembro, e todas as emisións serán os xoves

ELECCIÓN DA MARABILLA DA COMARCA

Ademais, o proxecto inclúe unha votación para elixir a mellor entre as 112 marabillas da Mariña. Os interesados en participar poden elixir as súas sete favoritas aquí e optar a premios. Tamén se pode deixar o voto por whatsapp no número de teléfono 619.38.99.97.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...