Os Carecos animarán a Foliada Nordestía de San Cibrao, o 13 de abril

A sexta edición do evento inclúe un festival con catro grupos, cantos de taberna e un obradoiro de baile

Presentación do evento. AXM

San Cibrao acollerá o sábado 13 de abril a sexta Foliada Nordestía, que organiza o grupo A Rebolaxe en colaboración do Concello de Cervo.

A edil de cultura, Dolores García Caramés, presentou a cita con varios membros do grupo organizador.

O programa comezará ás 12.30 horas con cantos de taberna. Ás 15.15 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos infantís e un obradoiro de baile.

FESTIVAL

Como broche de ouro da xornada, ás 21.30 dará comezo o festival, que contará coa actuación dos grupos A Rebolaxe, Son do Xabre, Os Carecos e A Compañía do Ruído; non faltarán os callos e a queimada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here