O Festival Atlántica de narración oral pasará por Viveiro o 21 de marzo

O xaponés Yoshi Hioki e Vero Rilo ofrecerán espectáculos gratuítos de contacontos para adultos e grandes

Yoshi. AXM

Viveiro será unha das cinco sedes lucenses -coa capital provincial, Guitiriz, A Fonsagrada e Monforte de Lemos– do Festival Atlántica de narración oral, que este ano celebra a súa sétima edición do 12 ao 23 de marzo.

A cita celebrarase por primeira vez na provincia de Lugo grazas á colaboración da Deputación. Participan 16 concellos de toda Galicia, polos que pasarán 30 narradores, que ofrecerán un total de 90 actuacións

O xoves 21 de marzo, Yoshi Hioki traerá a Viveiro (consistorio, 20.00 horas) contos populares do Xapón, e Vero Rilo presentará o seu espectáculo ‘Lavandeiras‘. As dúas actuacións están pensadas para o público adulto.

Antes, os dous contacontos ofrecerán senllos espectáculos para nenos: Hioki ‘Contos para viaxar ao Xapón e Rilo ‘Contos, lerias e cousas pequenas‘. As funcións serán de balde.

Presentación do evento. AXM

LUGO, TERRA DE CONTOS

Na presentación participaron Pilar García Porto, deputada de cultura da Deputación de Lugo; Carmen Basadre Vázquez, concelleira de cultura de Lugo; Lara Fernández Fernández-Noriega, edil de cultura de Viveiro; Marina María Doutón Rajo, de Monforte de Lemos; Regina Polín Rodríguez, alcaldesa de Guitiriz; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.

Felloza destacou na importancia de levar os contos á provincia de Lugo, terra de Fole, Cunqueiro, Manuel María, o corazón da Galicia Encantada que recolle e custodia Antonio Reigosa”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here