InicioCulturaGuía para non perderse as citas do Entroido na Mariña

Guía para non perderse as citas do Entroido na Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda cultural e de ocio da fin de semana, protagonizada esta vez polo Entroido.

VENRES

En San Cibrao, a Asociación Protectora de Animais Coletiñas celebrará o venres o Carnaval Coletudo na Casa do Mar, co obxectivo de recadar fondos para o colectivo.

En Foz, tamén o venres, pregón de Cesarín (20.00 horas, Sala Bahía) dará a benvida ao Entroido. A continuación celebrarase o certame de coplas.

SÁBADO

O día grande do Entroido focego será o 2 de marzo, data na que se celebrará a trixésimo oitava edición o desfile.

O goberno local repartirá máis de 7.000 eurosen premios. A actividade festiva comezará desde pola mañá, con charangas polas rúas, e ás 17.00 horas iniciarase o certame de disfraces.

En Xove, o desfile será igualmente o sábado, con preto de 3.800 euros en premios. Ás 17.00 horas sairá a comitiva do Entroido, desde o campo municipal de fútbol ao centro cívico.

O Concello disporá dunha carpa na praza, por se o tempo non permitise celebrar o acto fóra. Despois haberá festa infantil e a partir das 22.30 horas será a quenda dos adultos, coa actuación do grupo Fénix, que amenizará a noite con Decibelios.

FOZ E XOVE CELEBRARÁN OS SEUS DESFILES O SÁBADO

Tamén o sábado, volverán a Viveiro as tradicionais Alpuxarradas, cargadas de humor e de sátira. A gala, conducida polo actor Carlos Sante, comezará ás 20.30 horas no Pastor Díaz. A entrada custará dous euros.

En Ribadeo, o sábado será o día da Gala do Entroido (teatro, 21.00 horas), que xirará entorno a unha temática concreta: a música.

A Asociación Cultural As Minas organiza o 2 de marzo o Entroido da Pontenova, con baile e entrega de premios a partir das 23.00 horas no local das sociedades. 

En Ourol, os pícaros poderán desfrutar da festa de disfraces o sábado, na casa da cultura de 11.00 a 13.00 horas.

DOMINGO

En Burela, o desfile celebrarase o domingo. A organización destinará algo máis de 3.000 euros a premios, unha cantidade igual á do ano anterior.

Cervo tamén festexará o Entroido o día 3. Os participantes deberán estar presentes no pavillón, ás 17.00 horas, para formalizar a inscrición no desfile. Comparsas, grupos, parellas e individuais mostrarán as súas propostas polas rúas do núcleo cervense desde as 18.00 horas. Amenizará a cita o gran espectáculo itinerante festivo ‘TChyminigagua‘, procedente de Bogotá (Colombia).

A COMITIVA DO CARNAVAL PASEARÁ POLAS RÚAS DE BURELA E CERVO O DOMINGO

Ese mesmo día celebrarase en Barreiros o Festival Infantil do Entroido 2019. A festa terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, entre as 17.30 e as 20.15 horas.

Haberá un desfile infantil de disfraces con agasallos, bailes en grupo, xogos de maxia e photocall. Desde o Concello advirten que “nas actividades os menores deberán estar acompañados dun adulto responsable desa rapaza ou rapaz”.

Os números de dinamización e maxia correrán a cargo de Chrystyan Magic. No festival tamén participarán Os Cabezudos.

comparsa do cocho tomará as rúas de Ribadeo o domingo a partir das 12.00 horas, acompañada dun grupo tradicional.

Xa pola tarde a partir das 17.00 horas, será a quenda dos máis pequenos, que poderán desfrutar do tradicional baile infantil de disfraces na discoteca Rosa Lar.

LUNS

O luns, 4 de marzo, Foz revivirá o “baile do farolillo“, coa orquestra Os Alcántara, a Disco Móbil Decibelios e o DJ Dani Rego.

En Alfoz, o Entroido será o luns pola noite, coa apertura de inscricións ás 20.00 horas. Disporanse 1.400 euros en premios e actuará a orquestra Charlton.

Riotorto C. F. organiza o Entroido 2019 no municipio riotortense, que será o luns día 4 de marzo a partires das 22.00 horas no pavillón do colexio, coa actuación do grupo musical Merengue.

ALFOZ, RIOTORTO E LOURENZÁ PROPOÑEN FESTA O LUNS

En Lourenzá tamén haberá festa o luns, con actividades para os pequenos de 17.00 a 20.00 e baile de disfraces a partir das 23.00, coa actuación de Grupo Fénix e DJ Billy. Haberá premios para os mellores grupos, parellas e individuais.

MARTES

O desfile sancibrense será o martes 5. A comitiva partirá ás 18.00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos e pasará pola Avenida da Mariña, a Ría e o Pedregal, para rematar no punto inicial.

Desfile de Viveiro. FINA ROCA

O desfile de Viveiro, con 8.000 euros en premios, celebrarase tamén o martes 5, pola tarde. Antes, a partir das 13.30 horas, o Concello programou unha sesión vermú na Praza Maior a cargo de DJ Marco.

A saída do desfile, ás 17.30 horas, será esta vez na explanada da variante (Avenida de Ferrol) con final na Praza Maior. Acompañará a comitiva A Musikleta.

VIVEIRO, RIBADEO, SAN CIBRAO E O VALADOURO ANIMARÁN O MARTES DE CARNAVAL

Ribadeo tamén celebrará o seu certame de disfraces o Martes de Carnaval. Sairá ás 17.00 horas da Avenida Rosalía de Castro para percorrer as principais rúas de Ribadeo e rematar diante do Concello.

Un dos grupos do Entroido ribadense de 2018. AXM

A organización repartirá preto de 4.500 euros en premios, con agasallo de 100 euros para as dez primeiras comparsas ou charangas que se inscriban.

En Foz, o 3 de marzo será o Día dos Nenos, a partir das 17.00 horas na sala Bahía, coa actuación de O Show de Susana, inchables e obradoiros infantís. A entrada custará tres euros.

Pola noite, no colexio Martínez Otero, celebrarase o Touporroutou satírico que impulsa A Pomba do Arco.

O Valadouro festexará tamén o seu desfile o martes, con 3.500 euros en premios, con saída de Concepción Arenal ao pavillón.

MÉRCORES

Para o mércores queda o Enterro da Sardiña de Viveiro, coa recepción de autoridades pola mañá na biblioteca municipal. Ás 18.00 horas descubrirase a placa conmemorativa a Pedro Rouco Abelairas, na continuación da rúa da Zapatería e Pastor Díaz.

O ENTERRO DA SARDIÑA VIVEIRENSE SERÁ O MÉRCORES

O Enterro da Sardiña infantil arrincará ás 18.30 horas, con chocolate con churros para todos os participantes, e para as 21.00 horas queda a cita dos adultos, desde a Praciña da Herba ata a Praza Maior, onde será a queima.

VINDEIRA FIN DE SEMANA

Mondoñedo, Trabada, Galdo, San Román ou Barreiros son localidades mariñás nas que se celebrará o Entroido a vindeira fin de semana. Tamén daquela será a queima en Foz, o día 8.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...