Os Cantos de Taberna de Ribadeo “independízanse” do Tapeo

O Concello quere que a cita, o 23 de marzo, cobre "entidade propia" e que reforce o obxectivo de desestacionalizar o turismo no municipio

Presentación dos Cantos de Taberna de Ribadeo. AXM

O Concello de Ribadeo impulsará o 23 de marzo a cuarta edición dos Cantos de Taberna, que por primeira vez se desenvolverán fóra do Ribadeo de Tapeo.

A intención do goberno local é que o evento cobre “entidade propia” e “reforce o calendario de actividades en meses fóra de tempada estival“, segundo expuxo a concelleira de turismo, Ana Martínez.

O prazo de inscrición está aberto para os grupos interesados en participar, que poderán anotarse ata o 18 de marzo. As bases atópanse publicadas na páxina web do Concello e nelas recóllese, como vén sendo habitual, diversas particularidades.

Os grupos participantes estarán formados por un mínimo de cinco persoas e un máximo de dez, que irán acreditados de maneira visible. A participación no concurso estará limitada a 15 grupos.

Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non podendo realizar actuacións noutros locais de hostalería que non lle fosen asignados. Cada grupo dispoñerá de 30 minutos de actuación en cada local, cun repertorio popular e tradicional e, a poder ser, incluíndo algunha peza de arraigamento ribadense.

INSCRICIÓNS

Os participantes quedarán convidados a unha cea. A inscrición nos Cantos de Taberna é gratuíta e realizarase a través de turismo@ribadeo.org ou chamando ao número de teléfono 982.128.689.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here