InicioCulturaAberto o prazo para anotarse na peregrinaxe á Rigueira

Aberto o prazo para anotarse na peregrinaxe á Rigueira

A romaría de San Antonio é o 13 de xuño e os interesados poden inscribirse ata o día 8

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove abriu o prazo para anotarse na peregrinaxe da romaría de San Antonio da Rigueira. A data límite para inscribirse na actividade é o 8 de xuño, e os interesados poden anotarse chamando ao 982.59.20.01 ou enviando un correo electrónico ao e-mail lucia@xove.es.

OS ROMEIROS PODEN ELIXIR ENTRE OITO RUTAS POSIBLES ATA A IGREXA

Todas as persoas que participen na festa cunha peregrinaxe ata a Igrexa da Rigueira recibirán a Ventura, a insignia de ter completado o camiño, e a azucena, a flor de San Antonio. Os romeiros teñen a posibilidade de facer oito rutas no municipio, aínda que a dos Muíños, que parte da capital municipal, é unha das que teñen maior éxito.

O Departamento de Turismo, Investigación Social e Muller iniciou hai nove anos un proxecto de recuperación da antiga romaría que está a ter bos resultados.

PREMIOS

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a edil de cultura, Dolores Meitín, fixeron entrega de premios aos gañadores do Concurso das Letras Galegas 2018, que incluíu dous certames, o de artes plásticas e o de literatura. Os nenos foron agasallados cun lote de material didáctico e recibiron cadanseu diploma. 

Entrega de diplomas do concurso das Letras Galegas. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...