A axenda de ocio: San Cibrao exalta o ourizo e Trabada pecha o Entroido

Magín Blanco e Fran Sieira ofrecerán espectáculos de música e danza para todas as idades

Tapa gañadora no 2014 da Festa do Ourizo. AXM

O Xornal da Mariña repasa a axenda de ocio da fin de semana.

BURELA

Este venres, o investigador e inventor José María Vázquez ofrece unha conferencia (20.00 horas, consistorio) sobre a velutina, en plena época de poñer as trampas e atraíntes.

O Pescados Rubén Burela FS recibirá o sábado ao Rivas Futsal (Vista Alegre, 18.30 horas) noutro capítulo da batalla polo ascenso directo. O líder da Segunda División tentará gañar para manter ou aumentar a renda de seis puntos que ten sobre os seus perseguidores, mentres que o cadro madrileño chega á Mariña Lucense na novena praza.

O xogador do Pescados Rubén Vargas defende a Cornejo, do Betis.

CERVO

San Cibrao exaltará o día 16 un dos seus produtos estrela na vixésimo oitava edición da Festa do Ourizo, que inclúe degustacións en carpa e nos locais de hostalería, obradoiros de cociña para adultos e pícaros e sesión vermú e verbena. Podes consultar neste enlace o programa completo.

 

A PONTENOVA

O sábado, Día das Estrelas da Billarda na Pontenova. Haberá torneos, música e degustación de faragullas. Podes consultar o programa completo nesta imaxe.

Cartel do Aberto das Estrelas na Pontenova. AXM

RIBADEO

Os Abelleiros organizan o sábado (10.00 horas, CFEA Pedro Murias) unha charla sobre o trampeo de raíñas da avespa asiática.

Carme Adán presentará este sábado (12.00, casa do mar) o seu libro ‘Feminicidiounha nova orde patriarcal en tempos de submisión‘.

Tamén o sábado, os seguidores de El Último de la Fila, Los Burros ou Los Rápidos teñen unha cita no Molino ribadense. O grupo-tributo Los Últimos Burros repasará o repertorio das formacións lideradas por Manolo García e Quimi Portet desde as 00.30 horas. A entrada ao concerto, con consumición incluída, custa cinco euros.

O domingo haberá un espectáculo de danza en Ribadeo. Fran Sieira presentará ‘Entre soños‘, pensado para un público familiar. O evento será no auditorio municipal, desde as 17.30 horas.

TRABADA

Trabada pechará o Entroido da Mariña Lucense o sábado. A asociación cultural O Picato organiza o baile de disfraces, que comezará ás 19.30 horas, con carpa, pulpería, verbena e 3.000 euros en premios.

VIVEIRO

Cristina Sánchez inaugura este sábado (13.30 horas, sala de exposicións do antigo consistorio de Viveiro) a exposición de escultura Sentimientos‘. Poderá verse de luns a venres de 10.30 a 12.00 horas e de 19.00 a 20.30 horas, e o 23 de marzo de 10.30 a 13.30.

Magín Blanco presentará este sábado (18.00 horas, teatro Pastor Díaz) o espectáculo musical para nenos e grandes ‘A nena e o grilo máis aló‘.

Tamén o sábado, desde as 20.00 horas no conservatorio, Miguel Mato Fondo presentará o seu libro ‘Adeus, capitán Walton‘ (Edicións Embora).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here