A axenda de ocio: o Mercado da Primavera anima o cambio da estación

O Valadouro ofrecerá postos, desfile de zocas e actuacións musicais, mentres que Viveiro acollerá a obra 'Commedia', premiada nos María Casares, e Ribadeo os Cantos de Taberna

O Mercado de Primavera traerá un novo desfile de zocas. YOUTUBE

Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda de ocio da fin de semana.

BURELA

Pakolas ofrecerá o sábado (18.00 horas, auditorio de Burela) un concerto de rock infantil.

MONDOÑEDO

O sábado, os gañadores do Premio de Poesía Leiras Pulpeiro recibirán os seus agasallos (consistorio de Mondoñedo, 12.00 horas). Ademais, haberá un recital e unha actuación musical.

Cartel do evento. AXM

A PONTENOVA

O vindeiro domingo, 24 de marzo, Adega Lugo organiza unha andaina pola Ruta do Ferrocarril do Eo. Os participantes poderán coñecer o pasado da minería do ferro no antigo concello de Vilaoudriz, na Pontenova.

Roteiro de Adega. AXM

O VALADOURO

O Mercado da Primavera do Valadouro cumpre a súa décimo terceira edición. Os festexos comezan o venres, desde as 21.00 horas, co pregón de Manuel Lourenzo e a actuación de Miro Casabella. Logo haberá unha noite de rock con Cuarta Xusta e Zënzar.

Para o sábado, na xornada grande, queda o desfile de zocas (11.30 horas) e as actuacións de Susana Seivane ou Ruxe Ruxe, desde a medianoite. Pero hai moitas máis actividades: non as perdas neste enlace, onde podes consultar a programación completa.

O VICEDO

O sábado, ás 19.30 horas, a casa da cultura do Vicedo acollerá a inauguración dunha exposición fotográfica multimedia, con máis de 500 imaxes de fotógrafos de Navia e Viveiro (Os Negativos).

O domingo (19.00 horas), o grupo de teatro da Fundación Eu Son interpretará a peza teatral ‘Un mal día‘.

RIBADEO

O venres (20.00 horas, teatro) segue a celebración do 50 aniversario do colexio Sagrado Corazón cun concerto especial do coro.

Este venres, o CFEA Pedro Murias será a sede dun encontro -en quenda matinal e de tarde- para a creación dun mercado agroalimentario de proximidade na zona do río Eo.

Doce grupos participarán este sábado nos Cantos de Taberna de Ribadeo. Ata 44 bares da vila, Rinlo e A Devesa contarán con animación musical.

VEGADEO

A casa da cultura da Veiga reunirá o sábado (20.00 horas) a mulleres de toda a zona do Eo-Navia para achegar relatos, poemas e cancións de solidaridade coa muller.

Participarán na gala, baixo o lema ‘Callada no estás más guapa‘, Carmen González e Esmeralda Amieva (Navia), Ángeles Lombardía (Castropol), Aurora G. Rivas (San Tirso de Abres), Vita López (Villayón), Eva Rico e Arantxa G. Montell (Vegadeo) e Esther Rubio (Luarca).

VIVEIRO

Dentro da programación cultural previa á Semana Santa de Viveiro, o grupo vogal Sondenós ofrecerá un concerto (venres, 20.30 horas) na igrexa das Concepcionistas.

O sábado, a compañía Contraproducións recreará a obra de teatro ‘Commedia‘, para adultos, que vén de ser distinguida nos premios María Casares. Comezará ás 20.30 horas, no Pastor Díaz.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here