O Resurrection Fest quitará o luns unha remesa extra con 500 abonos

As novas entradas para varios días poderán adquirirse na web do festival de Viveiro, desde as once da mañá

Concerto no Resu. RESURRECTION FEST/MATAPADRE

A dirección do Resurrection Fest quitará o vindeiro luns unha remesa extra con 500 abonos, despois de que se esgotaran as entradas para varios días no pasado mes de febreiro, cun récord de antelación.

Os cincocentos abonos sairán á venta o vindeiro luns, 1 de abril, ás 11.00 horas. Poderán mercase na páxina web do festival e desde a organización avisan de que será “a última oportunidade”.

“A MELLOR” DAS CATORCE EDICIÓNS

A dirección do evento, que se celebrará do 3 ao 6 de xullo no campo de fútbol de Lavandeiras, en Celeiro (Viveiro), aseguran que a décimo cuarta edición do festival será “a mellor da nosa historia”.

SlayerGojiraParkway DriveSlipknotArch EnemyTrivium, King DiamondLamb of God e Within Temptation serán os reclamos do Resu 2019. Aquí podes coñecer o cartel completo por días.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here