Trescentas persoas piden a oficialidade do galego-asturiano

En pleno debate polo recoñecemento oficial do bable, alcaldes do Occidente apoian o manifesto

Cartel do manifesto. AXM

Un manifesto asinado por 308 persoas pide que o galego-asturiano teña o mesmo estatus xurídico que o asturiano. En pleno debate sobre a reforma do artigo 4º do Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias, os asinantes do escrito defenden que formulación estableza a oficialidade das dúas linguas en condicións de igualdade.

Segundo o texto, “unha formulación que declarara oficial o asturiano en Asturias e o galego-asturiano soamente no seu ámbito territorial sería claramente desequilibrada e inxusta”. Os asinantes fixan a súa postura nun momento no que, destaca o escrito, “hai unha maioría na Xunta Xeneral de deputados e deputadas de formacións políticas favorables ao recoñecemento da oficialidade”.

unha reforma do artigo 4º do estatuto parece previsible e o texto avoga pola inclusión do idioma

Os falantes das dúas linguas autóctonas de Asturias, sexan máis ou menos miles, teñen que ter os mesmos dereitos. Desde un punto de vista democrático, non se pode poñer unha lingua por riba doutra e reproducir situacións de subordinación xurídica e sociolingüística coas que, precisamente, se quere acabar. Polo tanto”, conclúe o manifesto, “calquera formulación nova do artigo 4º tería que tratar en pé de igualdade os dous idiomas”.

“MILES DE FALANTES” NA ASTURIAS CENTRAL

O recoñecemento da oficialidade nunha comunidade política determinada busca defender os dereitos dos falantes como cidadáns dela. Neste senso, a realidade territorial do galego-asturiano non pode ser obstáculo para que a xente que o fala poda relacionarse coa administración autonómica na súa lingua propia, máis cando miles de falantes viven na zona central de Asturias”, argumenta o manifesto.

O texto sinala tamén que “o alcance do uso oficial, dos ámbitos de actuación en materia educativa, toponímica, de rotulación ou o uso institucional” regularíanse nunha lei de Normalización Lingüística posterior.

Entre os 308 asinantes, que firman co seu nome e a súa ocupación profesional, figuran César Álvarez, Javier Martínez e Marcos Niño, alcaldes dos concellos de Vegadeo, San Martín de Oscos e Santalla de Oscos.

LEXISLACIÓN

O Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias, do 1981, sinala no artigo 4º que “o bable gozará de protección. Promoverase o seu uso, a súa difusión nos medios de comunicación e a súa ensinanza, respetando en todo casos, as variantes locais e a voluntariedade na súa aprendizaxe”.

A Lei de Uso e Promoción do Bable/Asturiano de 1998 establece que “o rexime de protección, respecto, tutela e desenvolvemento establecido para o bable/asturiano se extenderá, mediante regulación especial ao galego/asturiano nas zonas nas que teña carácter de modalidade lingüsitica propia”. Ademais, a Disposición Adicional da norma apunta que “o galego-asturiano terá un tratamento similar ao asturiano no que se refire á protección, respecto, uso e tutela no seu ámbito territorial”.

O manifesto pretende que unha previsible reforma do Artigo 4º do Estatuto para establecer a oficilialidade de asturiano e galego asturiano, ata agora non recoñecida, non perpetúe estas diferenzas na protección legal dunha e outra lingua.

3 COMMENTS

  1. 1) Bable é un termo despectivo para falar da lingua asturiana.
    2) Os topónimos en GALEGO son A VEIGA, SAN MARTÍN DE OZCOS e SANTALLA DE OZCOS.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here