InicioCulturaPensamento e Sementeira inicia a Primaveira Cultural coa creación dun club de...

Pensamento e Sementeira inicia a Primaveira Cultural coa creación dun club de lectura

Suso Lista participará na primeira sesión, o día 29, e o 25 celebrarase unha charla sobre os postos de vixilancia que existiron na ría de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O colectivo viveirense Pensamento e Sementeira anunciou a programación da súa Primavera Cultural 2019.

A primeira das actividades, o 25 de abril, estará organizada en colaboración coa asociación Mariña Patrimonio e consistirá nunha charla do profesor Xosé María Leal Bóveda que dará a coñecer os postos de vixilancia que existiron na ría de Viveiro.

Tamén en abril, o 29, comezarán as actividades do club de lectura que vén de xurdir dentro deste colectivo. A obra escollida para esta ocasión é ‘Charamuscas‘ de Suso Lista. Nesta primeira sesión participará tamén o escritor.

Xa en maio, dentro desta mesma programación, vai ser presentado o proxecto musical e artístico ‘A Comuna do Barruzo‘ pola cantautora de Vilaronte Ugia Pedreira e Abel Pérez.

O colectivo Pensamento e Sementeira concretará nos vindeiros días outras actividades que farán parte desta Primavera Cultural 2019, como unha camiñada polo Rego dos Curuxos, no Viveiró (Muras), ou unha palestra arredor do activismo cultural na Mariña.

150 ANIVERSARIO DE NORIEGA VARELA

Pensamento e Sementeira conmemorará no mes de outubro o 150 aniversario do nacemento do poeta Antonio Noriega Varela (1869-1947).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...