InicioCulturaA focega Natalia Alonso Ramos, premio 'O Facho' de poesía

A focega Natalia Alonso Ramos, premio ‘O Facho’ de poesía

Xornalista de profesión, a escritora mariñá recibiu o galardón polo seu primeiro poemario, 'A síndrome de Hayworth'

Publicada o

- Advertisement -

A escritora focega Natalia Alonso Ramos vén de gañar o premio de poesía que concede anualmente a Asociación Cultural ‘O Facho’ da Coruña co poemario ‘A síndrome de Hayworth‘.

Alonso Ramos (Vilaronte, 1983) é licenciada en Xornalismo e doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en Antena 3 ou Xornal de Galicia, e na actualidade exerce como profesora asociada na Facultade de Humanidades de Lugo onde imparte a materia Estrutura do Sistema Cultural de Galicia.

PUBLICADO POR MEDULIA

O xurado, integrado polos escritores Xulio López Valcárcel, Fernando Díaz-Castroverde e Henrique Sánchez, elixiu por unanimidade ‘A síndrome de Hayworth’, que e o primeiro poemario da autora. A obra será publicada pola editorial Medulia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...