InicioCulturaTanto Nos Ten animará a Foliada da Mariña, que cumprirá o 22...

Tanto Nos Ten animará a Foliada da Mariña, que cumprirá o 22 de xuño catorce anos

O encontro musical que organiza Saíñas reunirá en Xove a grupos de Cervo, Burela e As Pontes

Publicada o

- Advertisement -

Foliada da Mariña cumprirá o vindeiro sábado 22 de xuño catorce anos. A cita, que se celebrará na Praza do Concello de Xove, contará coa actuación de Tanto Nos ten como reclamo. 

O programa comezará ás 19.00 horas, cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional a cargo de Saíñas. Os interesados poden anotarse a través da páxina de Facebook do grupo.

A partir das 20.00 horas chegarán os concertos. O grupo de “música tradicional furtiva”, como eles mesmos se definen, Tanto Nos Ten dará un recital no que presentará o seu novo disco, ‘Cortando Fíos‘.

ACTUACIÓNS

Á Foliada acudiran diversos grupos procedentes de Burela, Grileiras e Banda de Gaitas Dambara; Cervo, Cordenaia; e As Pontes, Que nin Diole, ademais dos Cacharelas, Gaiteiros, Pandereteiras e Pandereteiros de Saíñas. Finalmente, a participación será aberta e todas as persoas están convidadas a cantar.

SITIO PARA CEAR

A carpa contará cunha taberna na que tamén se poderá cear: racións de callos, lacón asado, tortilla e bocadillos. Durante a noite haberá sorteos e moita música para bailar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...