InicioCulturaO Modelo Burela, Premio Mil Primaveras pola súa promoción da lingua

O Modelo Burela, Premio Mil Primaveras pola súa promoción da lingua

Os programas de radio Grandes Voces do Noso Mundo e Proxecto Neo, o IES Perdouro, foron recoñecidos pola Coodinadora de Traballadoras de Normalización da Lingua

Publicada o

- Advertisement -

O proxecto linguístico Modelo Burela do IES Perdouro recibiu un dos Premios Mil Primaveras -ao plan estabilizado- que outorga a Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL).

Os programas de radio Grandes Voces do Noso Mundo, dedicado á música lusófona, e Proxecto Neo, que dá a coñecer a incorporación á lingua galega de persoas que non a tiveron como primeiro idioma, ambos emitidos por Radio Burela, son as actividades máis visibles desta intervención educativa que naceu en 2004.

O proxecto tamén inclúe outras accións como intercambios educativos con centros con realidades lingüísticas semellantes, programas de atención á diversidade ou intervencións destinadas á cidadanía.

INTEGRACIÓN SOCIAL

A CNTL destaca que se trata dunha iniciativa que “aborda a acollida linguística como estratexia de integración social e implica a sociedade e o ámbito educativo nun labor conxunto de promoción da diversidade cultural, nomeadamente no marco da lusofonía”.

PRESENTÁRONSE 47 PROXECTOS

Trátase da primeira edición dos Premios Mil Primaveras creados coa finalidade de valorarrecoñecer e difundir accións, campañas e programas que poñen en valor a lingua e procuran o incremento do seu uso e prestixio. Presentáronse 47 proxectos.

Os galardóns entregaranse o vindeiro 21 de setembro en Pontevedra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...