O Festival do Emigrante trae o sábado a Barreiros folclore de Canarias, Rusia e Tahití

El Moral de San Miguel de Geneto en La Laguna, Song and Dance Belgorie e a compañía polinesia Hei Show Tamure actuarán xunto ao colectivo organizador, O Arco da Vella

Presentación da cita este xoves no Concello de Barreiros. AXM

Agrupacións de Canarias, Rusia e Tahití completan o cartel da trixésimo oitava edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante, que se celebra o sábado 2 de agosto en San Miguel de Reinante, en Barreiros.

O Arco da Vella, que organiza o encontro, será este ano anfitrioa da asociación folclórica El Moral de San Miguel de Geneto en La Laguna, do grupo ruso Song and Dance Belgorie e da compañía polinesia Hei Show Tamure, que actuarán no campo de fútbol das Valgas (22.00 horas).

As agrupacións engrosan a lista de actuacións internacionais dun festival que aposta pola variedade de ritmos e a música en directo, unha receita que nas últimas edicións congregou arredor de 2.000 persoas.

A cita, que comezou a celebrarse en 1980, conta co distintivo de Festa de Interese Turístico Galego desde 2007.

O VENRES, FOLIADA

Como aperitivo da mostra folclórica, a Praza do Souto -onde se celebraron as primeiras edicións do Festival- acolle este venres (21.30 horas) a Foliada do Emigrante, na que por primeira vez as protagonistas serán as pandeireteiras da asociación barreirense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here