InicioCulturaArrinca a terceira edición de Amarte, con dez novas pinturas murais para...

Arrinca a terceira edición de Amarte, con dez novas pinturas murais para o peirao de Burela

O certame, que enriquecerá a Feira do Bonito, fallarase o domingo coa presenza de Serxio Prazos na entrega de premios

Publicada o

- Advertisement -

Este xoves iniciouse a terceira edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se desenvolverá ata o domingo, coincidindo coa celebración da Feira do Bonito.

Un total de dez artistas participarán esta fin de semana no concurso. Cinco deles son mariñaos: Hipólito Xeada (Alfoz), David Catá (Viveiro), David Fernández “DaviXino” (Burela), Adriana Pardo (tamén burelá) e Otto Tretto, cubano afincado na cidade do Landro.

Tamén participarán o lucense Marcos Pereira, gañador da primeira edición, o vigués Delio Rodríguez, o navarro  Eneko Azpiroz, o coruñés Marcos Lamas e o dúo formado por Moisés Vargas e Tim Bergmeier, de Salamanca.

OBRAS RELACIONADAS CO MUNDO DO MAR

Os artistas pintarán as súas obras, que están relacionadas co mundo do mar, no muro do peirao. O domingo ao mediodía celebrarase a entrega dos premios aos gañadores, nun acto que contará coa presenza do actor Serxio Pazos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...