InicioCulturaSexto roteiro para reivindicar a figura do poeta emigrante Avelino Díaz

Sexto roteiro para reivindicar a figura do poeta emigrante Avelino Díaz

A Asociación Cultural Avelino Díaz convida a participar na sexta edición da andaina que leva o nome do autor nado en Riotorto o vindeiro 1 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Avelino Díaz convida a participar na sexta edición do roteiro que leva o nome do poeta e xornalista (Riotorto, 1897-Bos Aires, 1971) prevista para o vindeiro 1 de setembro.

A andaina, duns 10 quilómetros, unirá a súa casa natal, no lugar da Travesa, na parroquia riotortense de Órrea, coa vila de Meira, polas paisaxes que marcaron a biografía e a literatura do autor, emigrado definitivamente a América no 1910.

A camiñada, que se iniciará ás 10.30 horas,  dará pé a unha xornada de encontro en torno a figura do escritor que continuará cun xantar colectivo no polideportivo municipal meirego, amenizado coa actuación musical da agrupación A Fonte de Merlán, de Palas de Rei.

Os tiques para a comida poden recollerse na Taberna de Montse da Órrea e na librería Pedregal de Irimia de Meira ata o vindeiro 29 de agosto.

CANDIDATURA ÁS LETRAS GALEGAS

O roteiro foi unha das primeiras actividades organizadas pola asociación para reclamar a atención sobre a intensa actividade literaria, xornalística e política que o autor desenvolveu en Bos Aires co recoñecemento da intelectualidade galega no exilio, pero que apenas atopou eco no outro lado do Atlántico.

En maio pasado, o colectivo, impulsado desde os concellos de Riotorto e Meira, presentou, por cuarto ano consecutivo, a candidatura do poeta ao Día das Letras . Un recoñecemento que entenden, ademais, como unha fórmula de conseguir a atención e os medios, “inalcanzables doutro modo”, para localizar e publicar a obra aínda inédita do poeta.

ACHEGAS ACADÉMICAS

As últimas achegas académicas á figura do autor, asinadas polo filólogo riotortense Benigno Fernández Salgado, son “14 poemas”, unha edicion crítica das composicións que Avelino Díaz lle enviara a Filgueira Valverde antes da Guerra Civil española para unha antoloxía poética que non chegou a publicarse, e “Non me deas diñeiro polo que che dou”, dous volumes sobre a súa obra poética e xornalística.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...