InicioCulturaSystem of a Down no Resu? O primeiro anuncio da décimo quinta...

System of a Down no Resu? O primeiro anuncio da décimo quinta edición do festival desata as cábalas

Malia que a organización non confirmou a súa presenza, o primeiro vídeo promocional do festival mostra nunha nota o que semella un verso dunha peza da banda californiana

Publicada o

- Advertisement -

A organización do Resurrection Fest mostrou na noite deste martes o primeiro anuncio oficial da vindeira edición, a décimo quinta, do festival de rock duro, que se celebrará en Viveiro do 1 ao 4 de xullo do 2020.

No anuncio, titulado ‘15 years of burning passion‘ (15 anos de ardente paixón), tras forxar unha peza de metal, o protagonista le unha enigmática nota que semella dicir: “Father, in your hands I commend my spirit‘ (“pai, nas túas mans encomendo o meu espírito”).

Boa parte dos seguidores do Resu interpretaron esta escena e esta popular cita da Biblia como unha chiscadela a unha posible actuación de System of a Down, grupo que se conta entre os máis desexados polos seareiros do festival -nunca actuou no recinto de Lavandeiras– e que ten unha canción, ‘Chop Suey‘, que inclúe ese mesmo verso.

ACTUARÁN EN FINLANDIA O 25

Segundo revistas musicais especializadas no rock, a banda confirmou unha primeira actuación en Europa o 25 de xuño, en Finlandia. Por agora, a organización do Resurrection Fest non adiantou ningún concerto, de xeito que as cábalas dos afeccionados mantivéronse ao longo de toda a noite do martes.

O XOVES, PRIMEIRAS CONFIRMACIÓNS

A organización anunciará este xoves a primeira das bandas que exercerá como cabeza de cartel na vindeira edición do festival.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...