Viveiro acollerá por primeira vez unha obra teatral interpretada por persoas xordas en lingua de signos

O youtuber Iván Vázquez e a compañía El Grito estarán do 25 ao 27 de outubro na segunda edición de Superarte, a mostra de teatro feito por xente con diversidade funcional

Compañía El Grito. AXM

O Concello de Viveiro anunciou este martes unha parte do programa da segunda edición da mostra de teatro feito por persoas con diversidade funcional, Superarte, que se celebrará do 25 ao 27 de outubro. O encontro dedicarase nesta ocasión ás persoas xordasIván Vázquez, de Familia Vázquez TV, pregoará o evento, no que actuará a compañía teatral El Grito

Iván Vázquez é educador social, youtuber, artista e activista social, coñecido pola canle de Youtube que ten coa súa familia, Familia Vázquez TV, na que en clave de humor visibiliza á comunidade xorda e divulgan a lingua de signos.

Pola súa banda, a compañía teatral El Grito, fundada no 1996 en Madrid, será a primeira compañía integrada por persoas xordas que actúa no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Interpretará a obra ‘Los Pensadores’, a primeira posta en escena en lingua de signos que terá lugar no espazo cultural viveirense.

O CARTEL, OBRA DE PRIMITIVO MARCOS

A organización do proxecto, impulsado pola concellería de cultura coa produción de EMarela e a colaboración da Xunta de Galicia, avanzou que está a piques de presentar o cartel desta nova edición, deseño de Primitivo Marcos, xunto coa programación íntegra da mostra, na que se inclúen obradoiros, charlas, proxeccións, exposicións e contacontos.

Todas as actividades contarán con persoas intérpretes da lingua oral á lingua de signos e viceversa.

“NORMALIDADE E VISIBILIDADE”

A concelleira de cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, afirma sentirse especialmente ilusionada con que unha nova edición deste proxecto vexa a luz e amósase convencida “da necesidade de dar normalidade e visibilidade a colectivos que ata o momento eran descoñecidos para a sociedade”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here