Foz reivindica ás actrices de teatro co ciclo ‘Outubro en feminino’

A casa da cultura acollerá acollerá do día 11 ao 31 catro representacións protagonizadas exclusivamente por mulleres

Escena da obra 'A compañeira de piso', con Patricia Vázquez e Rebeca Montero. CONTRAPRODUCCIÓNS

O Concello de Foz programará ao longo deste mes de outubro o ciclo de teatro ‘Outubro en feminino‘, con catro representacións interpretadas por mulleres.

A primeira obra será o venres 11, a cargo da compañía Teatro do Atlántico. As actrices María Barcala e Mari Ángeles Iglesias recrearán ‘Dúas donas que bailan‘. O espectáculo comezará ás 21.00 horas, na casa da cultura. Todas as pezas teatrais serán no mesmo lugar e no mesmo horario. 

A seguinte representación será o día 18. Malasombra Produccións porá en escena ‘Bernarda, que interpretarán Celia González, Esther Aja e Luisa Marelas.

O día 25, EM2 ofrecerá a obra ‘A noiva de Don Quixote‘, con Mercedes Castro.

O ciclo rematará o venres 31 con Contraproduccións e a obra ‘A compañeira de piso‘, na que actúan Patricia Vázquez e Rebeca Montero.

“ESCURECIDAS DETRÁS DOS ACTORES”

‘Outubro en femino’ foi presentado este luns polo alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de cultura, Héctor Moris; e a edil de muller, Verónica Peña.

Moris, Cajoto e Peña, na presentación do ciclo. AXM

O concelleiro de cultura explicou que con este ciclo “quixemos dar unha volta máis e afondar un pouquiño na igualdade e no feminismo, para o que programamos obras nas que só hai actrices, poñendo así en valor ese gran traballo que sempre queda un pouco escurecido detrás dos actores”.

Moris engadiu que son “catro obras dunha grande calidade, que demostran a valía, o traballo e o nivel destas mulleres, que nos van deixar a todos coa boca aberta”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here