InicioCulturaO Resu completa aforo na xornada final e xunta máis de 81.000...

O Resu completa aforo na xornada final e xunta máis de 81.000 asistentes

Segundo os datos da organización, esta edición foi a segunda con maior afluencia trala de 2017

Publicada o

- Advertisement -

O Resurrection Fest volveu demostrar poder de convocatoria. Segundo asegurou a organización, a décimo terceira edición do festival -con catro días de concertos– congregou a 81.352 asistentes, unha cifra inferior á de 2017, cando se achegaron a Celeiro 86.475 seguidores, pero superior á do 2016, que reuniu a 80.542 persoas. Este 2018 foi, polo tanto, o segundo ano que máis fans seduciu.

Actividade do ResuKids. AXM

A organización resalta que pasaron polo festival persoas de 42 países diferentes e que se completou aforo na última xornada, na que os asistentes poideron desfrutar de bandas como Exodus, Prophets Of Rage ou Kiss.

KISS E O SEU ‘EXÉRCITO’

Na última xornada, Kiss ofreceu ao seu ‘exército’ a súa concepción festiva do rock nun concerto non que non faltaron ‘I Was Made For Loving You‘ ou ‘I Wanna Rock N Roll All Night‘, nin os voos rasantes de Paul Stanley nin a quilométrica lingua de Gene Simmons. Tamén soaron, cunha nitidez impecable, clásicos como ‘Detroit City Rock‘ ou ‘Black Diamond‘.

Dous membros do ‘exército’ dos Kiss, o pasado sábado en Celeiro. AXM

Prophets Of Rage puxeron á xente a botar, e malia algún lapsus -“Grazas Barcelona”- gañaron ao público con ‘Killing In The Name‘, a peza máis célebre de Rage Against The Machine, a outra banda do guitarrista Tom Morello. Exodus levantaron a noite despois do remate dos dous cabezas de cartel do festival e para algúns foron o mellor da derradeira xornada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...