InicioCulturaSabela quita disco, 'Despedida', o 29 de novembro

Sabela quita disco, ‘Despedida’, o 29 de novembro

A cantante das Pontes con raíces en Ourol mostrou a capa do seu álbum de debut en solitario

Publicada o

- Advertisement -

A cantante pontesa con raíces en Ourol Sabela Ramil publicará o seu primeiro disco de estudo en solitario, ‘Despedida‘, o 29 de novembro.

A vocalista galega, finalista na pasada edición de Operación Triunfo (OT), na que chamou a atención pola súa personal maneira de concursar, que moitos interpretaron como unha defensa en ‘prime time’ televisivo da lingua e da cultura galegas, anunciou a publicación do álbum a través das redes sociais.

 

En Instagram, Sabela afondou un pouco máis no motivo do título do disco.

“Tiven que pechar para poder abrir. Tiven que despedirme e despídome para dar a bienvenida a este novo e marabilloso camiño. Nel envorquei o meu tempo e enerxía, baleirei o meu interior e recreei a miña vida e a miña música xunto a persoas extraordinarias”.

POR AGORA NON TRASCENDEU O REPERTORIO

Por agora non trascendeu o repertorio do disco, aínda que moitos seareiros agardan que conteña ‘Nai‘, unha peza que canta desde hai meses.

Nacida nas Pontes, Sabela ten familia en Bravos, a onde volve con frecuencia. A súa relación coa Mariña Lucense é moi intensa e mesmo residindo fóra foi directiva da Asociación Aturuxeiros, coñecida por dinamizar a vida social e cultural do municipio ourolés.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...