InicioCulturaXan Carballal, director da Escola de Música de Burela, Premio Galicia da...

Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela, Premio Galicia da Crítica

O xurado do galardón destaca o seu "singular traballo de base", levando a arte "a moitos nenos do rural galego"

Publicada o

- Advertisement -

O director da Escola de Música de BurelaXan Carballal, foi recoñecido este sábado co Premio Galicia da Crítica na modalidade de música nunha gala que tivo lugar en Vigo.

Na categoría de Música, houbo unanimidade no xurado para recoñecer a Carballal, director da Escola de Música de Burela cunha “traxectoria longa e un traballo de base moi singular na música galega, que levou a que centos de nenos do rural galego puidesen acceder” a esta arte.

‘FARIÑA’ OU LUCÍA FREITAS, OUTROS PREMIADOS

A serie ‘Fariña‘, a novela ‘O mar que nos leva‘ da escritora Moncha Fuentes e o proxecto científico ‘Satélite LUME-1‘ para a loita contra os incendios foron algúns dos gañadores dos Premios da Crítica Galicia, que este sábado celebraron a súa 42ª edición no Auditorio Afundación de Vigo. Ademais foron galardoados noutras categorías a escultora Soledad Penalta; o Festival de Poesía do Condado, a bailarina Rut Balbís e a cociñeira Lucía Freitas.

Baixo a lema ‘Teñamos ou valor de darnos ou futuro’ celebrouse esta gala conducida pola xornalista galega Noelia Otero e á que acudiron unhas 300 persoas, entre elas o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...