Tanxugueiras presentará ‘Contrapunto’ en Burela o 14 de decembro

O trío de folk galego actuará na vila burelá cun novo disco recén saído do prelo

Tanxugueiras. AXM

O auditorio municipal de Burela acollerá o sábado 14 de decembro, a partir das 21.00 horas, o concerto de presentación de ‘Contrapunto‘, o novo traballo de Tanxugueiras.

O trío de folk galego recibiu ao longo da súa traxectoria diversos galardóns: Mellor álbum galego do 2018 nos Premios MIN da Música Independente; Música tradicional e folk nos os premios Martín Codax da Música; e Mellores músicas de Galiza 2018 por ‘Que non mo neguen‘ no certame aRitmar Galicia e Portugal.

Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras.

Con ‘Contrapunto’, Tanxugueiras “incide na recuperación da tradición das pandeireteiras, que integra con harmonías de diferentes estilos e situan á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia”, conclúe a nota promocional do concerto.

As entradas anticipadas están á venta nesta ligazón, a un prezo de dez euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here