InicioCulturaAs xornadas de historia de Foz proxectarán un documental inédito dos anos...

As xornadas de historia de Foz proxectarán un documental inédito dos anos 50

Na primeira xornada, o vindeiro luns, proxectarase a peza inédita 'Foz, Cangas e Lourenzá', gravada polo cangués Antonio Díaz Ortiz

Publicada o

- Advertisement -

A asociación cultural A Pomba do Arco celebrará desde o vindeiro luns a vixésimo terceira edición das Xornadas de Historia Local de Foz.

Na primeira xornada proxectarase o documental inédito ‘Foz, Cangas e Lourenzá‘, gravado a comezos da década dos 50 polo cangués Antonio Díaz Ortiz. A proxección será na casa da cultura e comezará ás 20.30 horas. Martín Fernández Vizoso fará despois un percorrido pola traxectoria vital do autor do documental.

O martes, á mesma hora e no mesmo lugar, Xosé Ramón Ermida, autor de diversos traballos de investigación sobre a localidade falará sobre ‘A fotografía focega. 1906-1936‘. Ao longo da palestra exhibiranse 50 fotografías sobre ese período, obra de Alberte Bravo, Andrés Gamboa e Manuel Luxilde, tres fotógrafos focegos. Tamén se mostrarán instantáneas do ribadense Bieito Prieto e do mindoniense Santiago Pernas

O mércores será a quenda de Xé Freire. O investigador mindoniense é un dos grandes coñecedores da comarca mindoniense no período da primeira restauración e achegáronos a ese momento histórico no concello de Foz.

As xornadas pecharanse o xoves 2 cunha mesa redonda onde participarán focegos que desenvolveron a súa actividade profesional como carpinteiros de ribeira. A mesa redonda contará coa participación de Santiago Pérez, Pedro Fraga, Carlos Villarino, Alfredo Sixto, Ramón Cuadrado, Alfonso García e Juan Nécega, que cubrirán o período da construción naval en Foz desde 1942 até os nosos días.

“As xornadas son unha aposta por dar a coñecer a nosa historia, divulgar o noso pasado, interpretalo e conservalo coa complicidade das xentes de Foz, xa que son os seus veciños os que coa súa asistencia fan posible estas xornadas ano tras ano”, conclúe o presidente do colectivo organizador, Xoán Ramón Fernández Pacios

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...