Tradición oral, mitos ou onomástica naval, temas do ciclo ‘Escoitando o Mar’ de Mariña Patrimonio

Os relatorios, os días 20, 26 e 27 de decembro, celebraranse no museo de San Cibrao

Fachada do Museo do Mar. AXM

Co título Escoitando o mar, Mariña Patrimonio organiza un ciclo de conferencias coas que pecha as actividades culturais que levan organizado ao longo deste ano.

O próximo día 20 comezarán as xornadas coa conferencia ‘Foula de prata: a bordo da tradición oral marítima‘ a cargo do Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Miguel Losada, e Enrique Blanco, ex director do CEIP de Noia.

O 26 de decembro Anxo Muíños, escritor e patrón de pesca, falará sobre ‘Mitos do mar: O alén dos barqueiros‘ e o 27 deste mesmo mes celebrarase a conferencia ‘A onomástica naval na Galicia de antano: unha odisea relixiosa, cultural e afectiva ‘a cargo do profesor da Universidade da Coruña, José Manuel Vázquez Lijó.

Cartel das xornadas. AXM

Todas as xornadas terán lugar no Museo do Mar de San Cibrao ás 18.30 horas e contan coa colaboración da Rede Museística Provincial e maila Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here