Agro, camiños reais e emigración, temas das primeiras Xornadas de Historia de Ourol

O Concello impulsa as charlas, que se celebrarán o 9 e 10 de agosto con entrada gratuíta

Casa do Concello de Ourol. WIKIPEDIA/ELISARDOJM

O Concello de Ourol organiza as primeiras Xornadas de Historia Local do municipio, que se celebrarán os días 9 e 10 de agosto no edificio multiusos do termo municipal. A entrada será de balde.

XOVES

O programa comezará o xoves, coa inauguración ás 18.00 horas. Ás 18.15, Anxo Vázquez Pernas, que foi director do programa de televisión A Labranza, pronunciará a conferencia titulada ‘A agricultura: séculos de cambio ata a case desaparición actual‘.

Ás 19.00 horas será a quenda de José María Puentes Ramos, que disertará sobre ‘Os camiños reais: camiños e viaxeiros na antigüidade‘.

VENRES

Martín Fernández Vizoso abrirá a xornada do venres, adicada á emigración, cunha charla sobre os ‘Emigrantes de Ourol, Viveiro e A Mariña no Uruguai‘. A conferencia empezará ás 18.00 horas, e ao seu remate comezará a intervención de José Manuel López Chao, que afondará na figura de José María Riguera Montero, un ourolés que fixo fortuna en Montevideo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here