Martín Cal gaña o certame de murais Amarte de Burela

Hipólito Xeada recibiu o recoñecemento ao mellor artista local durante un acto que puxo fin a Feira do Bonito

Acto de entrega dos galardóns celebrado este domingo

O artista de Ortigueira Martín Cal foi o gañador do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se desenvolveu no porto de Burela dentro da programación cultural da Feira do Bonito.

A súa creación obtivo a mellor valoración por parte do xurado que avaliou as obras realizadas polos dez autores que participaron na mostra. O xoven creador recibiu 1.200 euros e mais un trofeo, como recoñecemento ao seu traballo.

O segundo premio -600 euros e o trofeo- outorgouse ao muralista lucense Marcos Pereira, que gañou o ano pasado a primeira edición do certame, mentras que o terceiro – 300 euros e trofeo- recaeu no vigués Delio Rodríguez. Hipólito Xeada recibiu o recoñecemento ao mellor artista local -300 euros-.

Os outros seis participantes recibiron tamén un agasallo de 100 euros

Na entrega dos agasallos, este domingo, o concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, agradeceu a participación de todos os artistas, e felicitou ao viveirense Alfonso Otero Regal pola “obra que amosou no muro do porto”. O acto puxo punto e final á ampla axenda de actividades da Feira do Bonito.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here