InicioCulturaCórgomo Arte amosará en Burela unha obra dos usuarios de AFAN sobre...

Córgomo Arte amosará en Burela unha obra dos usuarios de AFAN sobre o Alzhéimer

A exposición 'Sinopses', que se inaugurará o 1 de febreiro, contará con traballos de 23 artistas

Publicada o

- Advertisement -

Córgomo Arte retorna á Mariña Lucense na súa oitava edición, cunha exposición que leva por título ‘Sinapses‘. A mostra abrirase ao público na casa da cultura de Burela vindeiro sábado 1 de febreiro, ás 18.00 horas, e estará aberta ata o 26 de febreiro.

‘Sinapses’ pretende reflexionar sobre a dimensión máis social da arte, e utilizala como un medio de visibilización “dunha terrible realidade do noso tempo, como son o Alzhéimer e outras demencias“, expoñen os promotores do proxecto, Manuel Conde e Victorino Núñez, “Torino“.

VISIBILIZAR AS DEMENCIAS

“A arte quizais poida parecer algo superfluo cando se fala de temas tan duros coma este, pero tamén constitúe unha poderosa ferramenta de comunicación que nos permite poñer o debate enriba da mesa para poñerlle voz e desestigmatizar realidades tan sensibles coma estas, nas que as redes de apoio son esenciais”, resaltan.

“A arte como forma de expresión é unha práctica empregada satisfactoriamente en terapias con enfermos de Alzheimer, porque lles facilita canles para a comunicación onde a palabra xa non chega”, engaden. Dese xeito, ‘Sinopses’ conta coa participación especial dos dez usuarios de AFAN Burela (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias), que cos seus terapeutas e coa colaboración do artista plástico Martín Lestao, “regaláronnos un pedaciño da súa memoria en forma de obra de arte”.

AFAN realizou unha páxina coas lembranzas dos recordos de persoas afectadas polo Alzhéimer, segundo expuxo Silvia Fiallega, comisaria da exposición, que se inaugurou primeiro en Valdeorras, terra dos promotores. “Sen dúbida foron o corazón da mostra e desde a organización de Córgomo Arte quixemos que toda a ilusión que depositaron no noso proxecto viñeran para a súa casa”, argumenta a organización.

PARTICIPANTES

“Para amplificar a nosa voz, na Edición Mariña convidamos a máis artistas da comarca co fin de reivindicar e poñer en valor a importante labor que desenvolven asociacións como AFAN Burela no coidado dos enfermos e das súas familias, ademais de chamar a atención ás autoridades sobre a insuficiencia dos recursos dos que dispoñen e que impiden poder prestar servizo a máis usuarios”, agregan.

Un total de 23 artistas participarán na edición Mariña de ‘Sinapses’. A obra de AFAN Burela en Valdeorras estivo acompañada polas pezas de Martín Lestao, Ignacio Castro “Nachok”, Violeta Bernardo, Arturo Ceide, Crystilandia, Patricia Fernández Paz, Brais Fernández Vizcaya, Victorino Núñez, “Torino”, e Manuel Conde. A organización agradecen a colaboración de Cristina Basanta, Lucía Vila, Noé Blanco, Julián Bouza, Pedro Cabarcos, David Catá, Caxigueiro, Celso Dourado, Fátima Fernández, Juanel, Mauro Leivas, Adri Pardo, Alberto Pena e Pilar Rei.

Desde a organización, Manuel Conde e Victorino Núñez, así como Violeta Bernardo, van donar tres das pezas da mostra a AFAN Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...