InicioCulturaAntonio Rodríguez Baixeras presentará en Foz a súa investigación sobre A Mariña...

Antonio Rodríguez Baixeras presentará en Foz a súa investigación sobre A Mariña na alta Idade Media

O historiador ribadense publica 'Crónicas da Galiza Bárbara', volume no que se centra na fundación de San Martiño de Mondoñedo ou na figura do Conde Santo

Publicada o

- Advertisement -

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o venres 31 de xaneiro ás 20.30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro de Historia ‘Crónicas da Galiza Bárbara‘, do historiador mariñao Antonio Rodríguez Baixeras.

O acto é un percorrido pola historia da comarca da Mariña Lucense ao longo da alta Idade Media. O autor repara na súa investigación na fundación da Catedral de San Martiño de Mondoñedo, na figura do seu renovador Rosendo Guterres ou na vida do fundador do Mosteiro de Lourenzá Osorio Guterres, o Conde Santo.

MIGRACIÓNS BRETOAS

Segundo expón A Pomba do Arco, Baixeras destaca na súa investigación o papel da creación da primeira sé mindoniense sobre a primitiva sé dos bretóns, habitantes das illas Británicas que a volta de comezos do século V chegaron á area norte de Galicia fuxindo das persecucións dos saxóns.

As referencias que nos chegaron arredor destas emigracións, continúa a agrupación organizadora, son máis amplas do que podíamos agardar, até o punto de que en diferentes concilios aparecen os nomes dos bispos dos bretóns, entre eles o famoso Mailoc. Segundo algúns estudosos os monxes de Braga trasladáronse a San Martiño de Mondoñedo no século IX para erguer a nova diocese sobre a xurisdición do antigo mosteiro Máximo dos Bretóns.

Outra das familias que ocupa un lugar de relevancia na investigación de Baixeras é a dos Guterres. Un deles Osorio Guterres, coñecido popularmente como o Conde Santo, fundador do Mosteiro de Lourenzá está ligado a principal familia oligárquica da area cristiá no espazo peninsular. Vinculado a mesma familia, atopamos a Rosendo Guterres, coñecido como San Rosendo, fillo de Santa Aldara, curmá da raíña Elvira Mendez e tío dos reis galegos Afonso IV, Sancho Ordoñes e Ramiro II O Grande. Rosendo, fundador de mosteiros como Caveiro ou Lourenzá, exerceu de bispo mindoninese na súa sé de San Martiño de Mondoñedo sucedendo ao seu tío Sabarico.

BIOGRAFÍA

O autor do libro, Antonio Rodríguez Baixeras, natural de Ribadeo e ligado a Foz, é licenciado en Historia, profesor de ensino secundario, escritor de diversas obras de ficción é autor de varios volumes históricos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...