En marcha o concurso do cartel da Festa da Faba, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro

O certame está dotado cun premio de 350 euros e trofeo e o prazo remata o 30 de xuño

Comensais na Festa da Faba. TURISMO DE GALICIA

A xunta de goberno do Concello de Lourenzá vén de aprobar as bases do concurso para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba, declarada de Interese Turístico de Galicia, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro deste ano.

O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, explica que no certame poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen, tendo de prazo para presentar as propostas ata o 30 de xuño.

O concurso está dotado cun premio de 350 euros e trofeo. As bases da convocatoria están publicadas na web e no facebook do Concello de Lourenzá.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here