Alfoz proxectará de balde dúas películas por mes, unha para crianzas e outra para o público adulto

As longametraxes 'Un paseo por las nubes', o día 14, e 'Shrek', o 22, abrirán o ciclo de cinema que impulsan as concellerías de cultura e igualdade

Consistorio de Alfoz. AXM

O Concello de Alfoz pon en marcha este mes de febreiro, e durante todo o ano, un ciclo de cine co que se proxectarán dúas películas cada mes, unha infantil e outra para público adulto (ou para todos os públicos), que abarcarán diferentes xéneros.

Así no mes de febreiro serán películas románticas, dando comezo o venres 14 coa longametraxe ‘Un paseo por las nubes‘ e o sábado 22 coa cinta ‘Shrek‘. Os pases serán no salón de actos ás 19.00 horas e a entrada é gratuíta.

“De este xeito trátase de ampliar a oferta cultural do concello, aproveitando a capacidade comunicadora do cine para conectar con tódolos públicos e trasladar diferentes problemáticas, promovendo unha reflexión e o pensamento crítico ao tempo que se dinamiza a vida cultural do concello de Alfoz”, argumenta o goberno local.

PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Á iniciativa, que parte da Concellería de Cultura, súmase tamén a Concellería de Igualdade, facendo especial fincapé en elixir títulos que sensibilicen á poboación en contra da violencia de xénero, convertendo o cine nunha ferramenta fundamental para facer reflexionar, sobre estas e outras cuestión sociais, grazas a capacidade de representación de grupos diversos e motor de cambio social.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here