Xove 360º mostrará o mellor da canteira de fotógrafos xovense

A décimo primeira edición da mostra, que abrirá o 11 de agosto, ten como tema central as fervenzas

Edición anterior de Xove 360º. AXM

O Concello de Xove e o Colectivo de Fotógrafos de Xove inaugurarán o sábado 11 de agosto, no centro cívico, unha nova edición -a décimo primeira- de Xove 360º. A exposición vai estar aberta ata o vindeiro 2 de setembro en horario de 18.00 a 22.00 horas.

A mostra deste 2018, titulada ‘Fervenzas‘, consta de 13 fotografías. Cada ano, elíxese un tema específico e cada un dos participantes presenta unha ou dúas instantáneas. O resto da exposición, con outras 34 imaxes, é de temática libre, de aí a variedade existente nas obras presentadas: hai paisaxes, retratos, flora ou composicións.

a exposición lucirá 47 instantáneas de doce participantes

AUTORES

Alberto Rapa, Andrés García, Diego Fanego, Javier Sánchez, Javier Villares, José Emilio Gómez, José Manuel Blanco, Mateo Guerreiro, Pedro Antonio Vecente, Rubén Pico, Santos Cordovilla e Carolina Moreira son os participantes deste ano.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here