Los Secretos ofrecerá un concerto acústico en Burela o 25 de abril

As entradas para o espectáculo están á venta, con prezos entre os 16 e os 22 euros

Los Secretos, en concerto acústico. DANIEL PÉREZ/ TEATRO CERVANTES

O Concello de Burela anunciou que Los Secretos ofrecerá un concerto na vila o sábado 25 de abril. A formación madrileña tocará en acústico os seus éxitos de 40 anos de carreira, nun espectáculo que se celebrará no auditorio, a partir das 21.30 horas.

O concelleiro de cultura de Burela, José Díaz, expón que as entradas están á venta en ataquilla.com a un prezo de entre 16 e 22 euros, dependendo da zona do auditorio onde estean as localidades.
Quinteto acústico‘ é un espectáculo no que a banda repasa as súas raíces, a medio camiño entre o pop e o rock de raíz norteamericana. Díaz remarcou que a maioría dos concertos da xira “celebraranse en cidades” e asegurou que o Concello “tentou que os prezos fosen o máis accesibles posible”.
“A mellor maneira de desfrutar dese son tan limpo que teñen, desas guitarras, é cómodos no auditorio”, afirmou Díaz, que agardou que se esgoten as entradas para ver a un grupo “con fans de diferentes xeracións”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here