‘O que arde’ volve á carteleira dos cines de Viveiro cinco meses despois da estrea

A cinta rodada por Óliver Laxe en Navia de Suarna, e protagonizada por Benedicta Sánchez, proxectouse por primeira vez no cine viveirense o pasado 12 de outubro

Escena de 'O que arde'. AXM

A película de Óliver LaxeO que arde‘ segue a triunfar nas salas. A cinta, que se converteu no máis rentable estreno “independente” a nivel estatal no 2019 e tamén no filme en galego máis visto en salas, superando a ‘Sempre Xonxa’, proxectarase de novo nos Cines Viveiro o vindeiro sábado, 22 de febreiro, ás 17.30 horas.

Así o decidiu a empresa “despois do éxito” da proxección da película o pasado sábado. A cinta, gravada en Navia de Suarna, onde o director ten as súas raíces, está protagonizada por intérpretes amateurs lucenses, como a corguesa Benedicta Sánchez, gañadora do Goya á mellor actriz revelación, ou o fonsagradino Amador Arias.

Cabe salientar que as salas viveirenses proxectaron por primeira vez ‘O que arde’ o 12 de outubro do 2019, en principio cun único pase, polo que a o éxito da película lévaa a aguantar na carteleira máis de cinco meses despois. A cinta tamén se proxectou en Ribadeo, onde o cineasta conversou co alumnado dos centros educativos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here