InicioCulturaMark Broom e Pushman, primeiras confirmacións do festival Ether

Mark Broom e Pushman, primeiras confirmacións do festival Ether

O quinto encontro de música electrónica celebrarase o 18 de xullo en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A quinta edición do festival de música electrónica Ether: An Electronic Odyssey celebrarase o sábado 18 de xullo nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro. A organización do festival optou por repetir a localización trala boa acollida da novidade do pasado ano.

Ether 2020 contará coa presenza dunha lenda do techno británico, Mark Broom. Con máis de 30 anos de traxectoria ás costas, selos de gran calibre como Blueprint Records, Rekids, M-plant, EPM, Cocoon, Bpitch Control ou Warp Records entre outros editaron a súa música.

Na actualidade, expón a organización do festival, “o británico vive un dos seus momentos máis doces como DJ e produtor: no último ano ademais de pinchar en clubs tan selectos como Amnesia Ibiza, Berghain Berlín ou The Warehouse Leeds, publicou sete EPs”.

Doutra banda, Ether tamén aposta polo talento de Pushmann, un DJ e produtor entregado en corpo e alma ao techno de Detroit na súa vertente máis contundente e bailable. “O seu paso por clubs míticos como Tresor Berlin ou Moog Barcelona, os seus Eps en selos de renombre como KMS ou Be As One Imprint, ou o apoio incesante de artistas da talla de Dave Clarke ou Ben Sims son mostras do seu gran talento”, resalta a organización. Ademais, como é habitual, os DJs residentes Karras Martínez e Llonas tamén actuarán no festival.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...