Propostas para a fin de semana na Mariña e Occidente de Asturias

Mallas tradicionais, feiras do libro, mostras folclóricas ou competicións deportivas son algunhas das posibilidades de ocio na zona

Manel Loureiro. AXM

BURELA

A Feira do Libro de Burela xa está en marcha, con oito postos na Praza do Concello. Manel Loureiro (venres, 20.15 horas) e Antía Yáñez (sábado, 19.00), entre outros, presentarán as súas novas novelas. Podes consultar o programa aquí.

Ademais de literatura, o deporte será protagonista na vila esta fin de semana, coa celebración do torneo Burela Bonita de fútbol sala. Pescados Rubén Burela, Palma Futsal, Santiago e Noia Portus Apostoli participarán na competición sénior, que comezará este venres ás 19.30 horas coa desputa das dúas semifinais. A final está prevista para o sábado, ás 21.30. Tamén haberá trofeo en categoría xuvenil.

Torneo Burela Bonita. AXM

CERVO

A parroquia cervense de Rúa recupera o sábado o oficio da malla tradicional nun evento etnográfico que promete unha festa completa, con ruta de sendeirismo, sesión vermú e verbena, xogos populares, paseos a cabalo, demostracións de oficios artesáns e xantar popular.

Malla de Rúa. AXM

FOZ

O sábado, os amantes da pesca teñen unha cita en Foz. Trátase da segunda edición do Open-Quedada de Pesca Deportiva, no que está previsto que participen unhas 35 embarcacións. A competición arrincará ás 07.15 horas e ás 13.30 será a entrega de premios, na lonxa.

O Pazo de Fontao de Foz acollerá o domingo, desde as 20.00 horas, o Touporroutou Solidario que organiza A Pomba do Arco, a beneficio dunha familia local. Actuarán Kentakis, con Burunda e Olaia.

A PONTENOVA

Para quenes queiran desfrutar dunha malla tradicional, A Pontenova ofrece o sábado outra posibilidade. A actividade comezará ás 12.00 horas, e podes coñecer o programa neste enlace.

A Deputación de Lugo financia actividades para nenos e adultos no Pozo da Ola. O sábado, en horario de tarde -de 17.00 a 20.00 horas-, haberá rocódromos acuáticos, kayak, inchables, waterballs

Actividades fluviais na Pontenova en anos anteriores.

RIBADEO

O pregón de Carlos Álvarez Lebredo (sábado, 20.30, teatro) abrirá as festas patronais de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo. Antes, como aperitivo, haberá unha obra de teatro de monicreques no parque de San Francisco, desde as 19.00. A partir do 5 de setembro comezarán as verbenas.

O VALADOURO

A mostra folclórica do Valadouro, que organiza Amado Lar, cumpre o sábado 30 anos. O evento comezará ás 19.30 na Praza de Santa María, coa actuación dos grupos Nova Semente de Celeiro, Mistura de Lieiro, San Xiao do Trebo de Cariño e maila formación anfitrioa.

VEGADEO

EcoVegadeo celebra quince anos mostrando agricultura ecolóxica e desenvolvemento sostible. O evento, sábado e domingo, terá un horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00. Haberá talleres, exposición de instrumentos antigos, cata de cervexas e o tradicional Campeonato de Patefa

VIVEIRO

Chourizos de cabaza, produtos do mar, pan, marmeladas ou galletas son algunhas das propostas que os visitantes poden atopar na feira de produtos ecolóxicos Ágora Verde. Celébrase ate domingo nos xardíns Noriega Varela de Viveiro, con horario ininterrompido, de 11.00 a 22.00 horas, e actividades para nenos. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here